Falan da familia Trebón nos medios

Posted in Uncategorized | Comments Off

O Planeta Verde

Solidariedade, Igualdade e Planeta Verde son tres seccións que veñen formando parte do noso abrigadoiro de contidos baixo o epígrafe Cambiar o mundo.

O Planeta Verde serve agora tamén de pista de aterraxe para uns visitantes moi especiais: a Familia Trebón e os cativos Vito e Lilia.

Un proxecto con vocación de formación medioambiental destinado ás pequenas e pequenos do fogar. Unha iniciativa na que estamos encantandos de ternos involucrado e que foi posta en marcha grazas á Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).

Aínda non coñecedes a familia Trebón de visita no Planeta Verde? Velaquí vola presentamos!

Posted in Uncategorized | Comments Off

Primavera de aniversario

Con tanto atafego de traballo case até se nos pasa que levamos xa un ano por aquí. Algo máis dun ano, xa que foi en xaneiro de 2011 cando se comezou a divulgar o proxecto de Botóns, pouquiño a pouquiño, a través da rede, mentres íamos aumentando en seccións e actualizacións. Seguimos lentamente, pero seguros, grazas aos ánimos e axuda que nos chega de todos vós. Graciñas mil!

Posted in Uncategorized | Comments Off

De pais e xuíces

Na caixa de correo recibimos este vídeo que nos propoñen difundir para a reflexión. (NOTA: como veredes o informativo e a cuestión á que fai referencia o presentador, Iñaki Gabilondo, é de hai xa dous anos)

Posted in Uncategorized | Comments Off

Preparando novidades para o Botóns 2012

Seguindo a nosa vontade de ir pasiño a pasiño e botón a botón, aproveitamos o decembro en bulir para poñer a punto novidades que enriquecerán Botons.eu para o vindeiro ano. Algunhas das propostas pendentes de atender son a de manter actualizado este mesmo blog, engadir espazos para a reflexión ou unha sección de entrevistas… Ben axiña, en tempo de reis se podemos, habemos contarvos máis! Graciñas polo apoio. (E recordamos que podedes enviar propostas ou contidos á caixa de correo botons (arroba) botons.eu)

Posted in Uncategorized | Comments Off

Falan de nós en Culturagalega.org

O portal do Consello da Cultura Galega adícalle este luns un espazo a Botóns.

“A rede ferve no campo educativo. Por toda Galicia docentes, alumnos e mesmo pais aproveitan as posibilidades das novas tecnoloxías do xeito máis orixinal posible”.

A nova completa, con audio incluído (fala Roberto Noguerol en nome de Botóns), en Culturagalega.org.

Posted in Uncategorized | Comments Off

Aquelando o cabeceiro de Botóns

Botóns - Logo con fondo negroBotóns - Logo con fondo branco Velaí as dúas opcións que temos enriba da mesa. Cal será máis xeitosiña para lucir no cabeceiro do portal? Se cadra… alternaremos as dúas? Cavilamos…

Posted in Uncategorized | Comments Off

De bolina

Referenciado como “Portal de información e recursos dirixido á comunidade educativa”, Botóns é estes días destacado no libro de marcadores recomendados do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega. Graciñas!

Posted in Uncategorized | Comments Off

2011: lembranza de Lois Pereiro

Hai uns días que non damos sinais de vida por aquí. Mais no silencio virtual, seguimos traballando duro. O proxecto avanza lento, pero seguro: en breve poderemos comezar a actualizar de xeito estable. De momento, destacamos algunhas faragullas recentes: contámosvos da exposición+web ‘O asombro de Mr Darwin’, achegamos vídeo da fotobiografía sobre Álvaro Cunqueiro no Vérbum, e organizamos unha escolma de recursos na rede sobre Lois Pereiro (artigos, audio, vídeo,etc) homenaxeado das Letras 2011. Convidámosvos a colaborar coa iniciativa achegando as vosas ideas, novas, comentarios a pé dos artigos ou a través da caixa de correo novas (arroba) botons.eu

Posted in Uncategorized | Comments Off

A prol da paz, un traballo para todo o ano

(Desculpade se non andamos lixeiros á hora de responder os correos. Seguimos traballando para estar operativos canto antes) No Facebook xa somos 200 e aí fóra moitos máis, graciñas!

As escolas foron estes días un ferver de actividades a prol da paz. E alén da celebración especial deste 30 de xaneiro, sabemos do esforzo de mestras e mestres pola paz durante todo o ano. Apertas a todos!

Deixamos aquí un pequeno guieiro de recursos sobre cultura de paz.

Posted in Uncategorized | Comments Off